“Era un home moi interesante, moi culto, xa tivo multas polo seu republicanismo en Pontevedra. Era masón, pertencía á loxia Helenes nº7 de los Valles de Pontevedra”, sinala Balchada. Militante de Izquierda Republicana, foi un dos asinantes do Pacto de Lestrobe en marzo de 1930 polo que se creou a Federación Republicana Galega.
“Puido ser o primeiro lehendakari de Euskadi, pero el rexeitouno porque dicía que tiña que ser un vasco”, lembraba o historiador. Na Enciclopedia da emigración alega recóllese que o propio Echeverría contaría anos despois que fora o propio José Antonio Agirre quen o visitara para lle propor a presidencia do goberno autónomo vasco.
Balcheda lamenta os derroteiros finais da súa vida. Exiliouse en Panamá, Cuba e Estados Unidos, onde morreu en 1984 en Miami “practicamente na indixencia”. Nunca voltou a Galiza nin ao Estado español.
Novoa non foi o único galego que combateu o fascismo en Euskadi. Na reportaxe de Rocío Castro afóndase na ampla participación galega no Exército Vasco durante a Guerra Civil, sobre todo a través organizacións anarquistas.
Sergio Bachada ten contabilizados máis dun milleiro de galegos coa procedencia comprobada, aínda que “había moitos máis” e outros autores falan duns 5.000. “A maioría estaba na mariña auxiliar de Euskadi e en dous batallóns de corte anarquista, o Batallón nº1 Bakunin e o nº6 do Batallón Celta, aínda que tamén os había noutros de corte socialista ou comunista”, afirmaba nesa peza do semanario. “Tamén había unha compañía de galegos no Batallón Disciplinario, ao mando de Pancorbo”.
Fonte: Nós Diario
Fotografía: Fundación Sabino Arana - Arquivo do Nacionalismo Vasco