Mostrando entradas con la etiqueta Historia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Historia. Mostrar todas las entradas

sábado, 17 de enero de 2026

Breve historia da Masonería galega actual: 25 anos de traballos masónicos (1988-2013)

Como é ben sabido, a cruenta e sistemática represión da masonería levada a cabo polo réxime franquista en toda España  puxo fin á presenza desta nobre institución tamén en Galicia a partires do ano 1936. Ós iniciais xuízos sumarísimos que levaron ó paredón a milleiros de persoas baixo a acusación de pertenza á Orde Francmasónica –non sempre verídica- nos primeiros momentos da contenda bélica, pronto se lle sumaría unha persecución moito máis minuciosa e sistemática coa creación do Tribunal de Responsabilidades Políticas (1937) e coa promulgación da Lei da Represión da Masonería e Comunismo (1940) , cuxa función non era outra ca de investigar, deter e xulgar a todas aquelas persoas sospeitosas de pertencer a tan “perigosas” organizacións,  impoñéndolles importantes penas de prisión, multas astronómicas ou incautacións de bens, ou mesmo a inhabilitación para o exercicio das súas respectivas profesións.

Este clima de visceral animadversión cara a Francmasonería e a persecución dos seus membros, fixo que moitos irmáns espallados por todo o territorio nacional fuxisen cara o exilio en Francia, México e outros países latinoamericanos, onde encontrarían refuxio e poderían seguir coas súas vidas sen sufrir en carne propia a salvaxe represión exercida polo franquismo.

Haberá que esperar á morte do ditador e á chegada da democracia para ver florecer novamente a masonería en España -non sen atrancos ,por suposto- en 1978, cando as actividades masónicas deixan de ser ilegais en España e se establecen de novo no noso país o Supremo Consello do Grao 33 para España (1812) e o Grande Oriente Español. Será a partires de este momento (1978) cando comecen a asentarse en España diferentes Loxas e Obediencias co obxectivo de normalizar a situación da Francmasonería no noso país, sendo a Gran Logia de España consagrada regularmente e recoñecida pola Grande Loxa Unida de Inglaterra en 1982. 

Nembargante, a presenza da Masonería en Galicia farase esperar un pouco máis de tempo.

A restitución da masonería en Galicia: O nacemento do Triángulo, e posteriormente Respectable Loxa Simbólica “Renacimiento nº 15” na cidade de A Coruña.

O regreso da Francmasonería a Galicia farase efectiva a partir do día 27 de abril de 1987 cando un grupo de catro irmáns francmasóns coruñeses, os irmáns Morales (M.M.), Salomón (Antonio Salorio Fernández), Galileo (M.G.C.) e Aarón (G.P.M.), constitúen na cidade herculina o Triángulo Masónico Renacimiento nº 15 auspiciado pola Gran Logia Simbólica Española. Meses despois, o 27 de xaneiro de 1988, o triángulo coruñés completará o seu cadro lóxico e erixirase como a Respectable Loxa Simbólica Renacimiento nº 15, a primeira loxa masónica establecida en chan galego tras o golpe militar de 1936.

O nome de Renacimiento foi coidadosamente escollido por estes irmáns en recordo dunha das últimas loxa masónicas activa na Coruña antes do alzamento, a R:.L:.S:. Renacimiento Masónico nº 18. Asemade, esta loxa será consagrada honorificamente a Manuel Curros Enríquez, heterodoxo escritor da etapa do Rexurdimento das Letras Galegas,  ourensán de Celanova e francmasón membro da R:.L:.S:. Auria da cidade das Burgas.

A loxa empregará nos seus traballos o Rito Escocés Antigo e Aceite e terá por primeiro V:.M:. ó V:.Ir:. Antonio Salorio Fernández, quen fora iniciado na R:.L:.S:. Universal nº 751 de New York anos atrás. Hai que sinalar que nos primeiros momentos da nova andaina desta loxa, a ausencia dun templo propio obrigábaos a desprazarse ata Madrid para efectuar a iniciación de novos profanos, onde a R:.L:.S:. Hermes – Amistad lles facilitaba unhas instalacións adecuadas para desenvolver con toda a súa beleza tan importante cerimonia.

Os seguintes Venerables Mestres serán os VV:.IIr:. M.M. Morales e o actualmente falecido Gerardo Villares (Moisés), quen posteriormente introduciría na loxa o emprego do Rito de Emulación. A loxa inicialmente constará aproximadamente duns 30 membros, o que lles posibilitará habilitar no emblemático barrio de Monte Alto da cidade de Coruña o primeiro templo masónico de Galicia desde 1936.

O 09 de xuño de 1990 a R:.L:.S:. Renacimiento nº 15 Abate Columnas por mor da que será a primeira escisión producida no seo da masonería galega, cando sendo V:.M:. o V:.Ir:. Miguel Lloréns Izquierdo (Mada) un grupo de irmáns seguidores de Lloréns deciden ingresar na Gran Logia de España. Deste modo, o 23 de febreiro de 1991 conságrase na cidade de A Coruña a R:.L:.S:. Renacimiento, mais agora co nº 54 no libro de rexistro da regular Gran Logia de España. 

Á cerimonia de consagración da nova loxa acudirán o Moi Respectable Mestre da Gran Logia de España Luís Salat Gusils, o seu Grande Secretario Josep Munte Rordríguez e outros Grandes Oficiais da Obediencia, que nunha cerimonia chea de solemnidade fan entrega ó V:.Ir:. Miguel Lloréns dunha nova Carta Patente que habilita á loxa para traballar no Rito Escocés Antigo e Aceite (R:.E:.A:. e A:.) e constitúe á R:.L:.S:. Renacimiento nº 54 (ó Or:. de A Coruña) como a primeira loxa regular establecida en Galicia. Entre os asistentes estarán irmáns tan coñecidos como o V:.Ir:. Antonio Carro Fernández-Valmayor, quen continúa actualmente desenvolvendo os seus traballos masónicos nesta Respectable Loxa de Francmasóns.

A implantación da Francmasonería Regular en Galicia e a irrupción da Masonería Liberal.

Moi pronto a Masonería Regular de Galicia sentiu a necesidade de facerse tanxible noutras localidades de Galicia, constituíndose en xuño de 1991 a segunda loxa en Galicia, a R:.L:.S:. Renacimiento Olívico nº 57 na cidade de Vigo. Auspiciada tamén pola Gran Logia de España, a loxa viguesa traballará en Rito de Emulación  e terá por primeiro Venerable Mestre ó V:.Ir:. Julio Resino Sabater, actualmente membro da R:.L:.S:. Curros Enríquez.

En 1993 algúns dos irmáns anteriormente escindidos da R:.L:. Renacimiento nº 15 (Or:. de a Coruña), os Mestres Masóns Dantón, Cid, Fidias, Diamo, Visgo, San Martín, Miguel e Segade, reúnense nun local ubicado na coruñesa rúa do Torreiro e deciden constituírse en loxa baixo o nome distintivo de Ara Solis, alumbrando así á primeira loxa irregular ou liberal da masonería galega en democracia. 

Aínda que inicialmente mantívose sen o auspiciamento de ningunha Obediencia masónica, o 06 de novembro de 1993 afiliouse ó Grande Oriente Español. Á cerimonia de Levantamento de Columnas asistiron, entre outros, os irmáns Hurtado (delegado do Grande Mestre), o masón libanés Farhad Argamir, a masona Thérèse S. (Grande Mestra da Gran Logia Femenina de España) e a Venerable Mestra da loxa coruñesa Finisterre, da que descoñecemos exactamente a data de creación.

A R:.L:.S:. Ara Solis pronto abandonará o paraugas do Grande Oriente de España, pasando a afiliarse o 14 de outubro de 1994 á Gran Logia Simbólica Española. Nembargante, Ara Solis protagonizará no ano 2000 unha nova escisión desta obediencia cando o seu Venerable Mestre, o V:.Ir:. Álvaro Marcos Garzón, disputa á Grande Mestría da Gran Logia Simbólica Española a Ascensión Tejerina. Segundo o irmán Álvaro Marcos, algúns feitos e condutas tramposas deron a vitoria a Ascensión Tejerina, o que creou un fondo malestar entre os irmáns da loxa coruñesa e o abandono desta Obediencia masónica. Tras infrutuosos contactos co Grande Oriente de Francia (GOdF), os irmáns da RLS:. Ara Solis deciden constituír unha Obediencia masónica propia, quen en 2001 a inscribirán no Rexistro de Asociacións do Ministerio do Interior co nome de Gran Oriente Ibérico e da que a R:.L:.S:. Ara Solis sería a súa primeira loxa. Na actualidade esta obediencia segue a traballar con normalidade, posuíndo loxas en distintas cidades de España, Portugal ou mesmo México.

Seguindo co fío da evolución das loxas regulares galegas, en decembro de 1994 un grupo de irmáns da R:.L:.S:. Renacimiento Olívico nº 57 da cidade de Vigo decide fundar coa axuda de irmáns pertencentes á Grande Loja Legal de Portugal- Grande Loja Regular de Portugal a R:.L:.S:. Atlántica nº84, que traballará inicialmente no Oriente de Pontevedra e baixo os auspicios da Gran Logia de España.

No ánimo dos fundadores da R:.L:.S:. Atlántica º 84 estaba a intención de crear a primeira loxa de encontro da masonería regular hispano-lusa. Cunha clara vocación internacionalista, pretende ser un espazo fraternal de encontro entre os irmáns galegos, portugueses e do resto do estado español, faro irradiador do ideario e a obra masónica no sur de Galicia tras a desfeita que supuxeron para a nosa Orde os asasinatos e persecucións sufridas durante os anos da ditadura fascista en España.

A loxa foi regularmente consagrada o 04 de febreiro de 1995 polo M:.R:.G:.M:. da Gran Logia de España, Luís Salat Gusils e outras importantes personalidades da masonería regular española e portuguesa como Jean Crozet (Gran Secretario da G:.L:.E:.), Tomás Sarobe Piñeiro (futuro M:.R:.G:.M:. da G:.L:.E:. entre os anos 1996-2002), Josep Munté i Rodríguez (Gran Oficial da G:.L:.E:.), Fernando Teijeira (M:.R:.G:.M:. da Grande Loja Legal de Portugal-Grande Loja Regular de Portugal nese momento, no Or:. Eterno) ou Mario Martín Guía (futuro M:.R:.G:.M:. da G:.L:.L:.P:.-G:.L:.R:.P:. entre os anos 2007-2010). A R:.L:.S:. Atlántica nº 84 (no Or:. de Pontevedra) quedará autorizada segundo a súa Carta Patente para traballar, como a súa loxa irmá a R:.L:.S:. Renacimiento Olívico nº 57 de Vigo, en Rito de Emulación.

O seu primeiro Venerable Mestre foi o V:.Ir:. Eduardo Núñez Pueyo quen, debido ó forte crecemento experimentado pola loxa no entorno de Vigo e a que boa parte da súa afiliación residía na veciña Portugal, solicita unha dispensa á G:.L:.E.. para poder desempeñar traballos masónicos na cidade de Vigo, así como para adoptar o R:.E:.A:. e A:. como rito de traballo. 

Baixo a veneratura do V:.Ir:. Pedro Cabo no curso masónico 1995-1996, a R:.L:.S:. Atlántica nº 84 (Or:. de Vigo) abaterá Columnas tal e como farán o resto de loxas dependentes da Gran Logia de España deste momento, isto é, as loxas Renacimiento nº 54 (Coruña), Renacimiento Olívico nº 57 (Vigo) e a recén creada Luz de Compostela (na cidade do Apóstolo).

O motivo do abatemento de Columnas das loxas regulares Galegas, ademais da súa excesiva fragmentación, hai que buscalo no profundo malestar que xerou entre unha boa parte dos irmáns galegos a polémica elección como M:.R:.G:.M:. da G:.L..E:. de Tomás Sarobe Piñeiro, así como algunhas non menos polémicas decisións na organización da nosa Orde, tais como pasar a depender da Gran Logia Provincial de Castilla (antes as loxas galegas eran de dependencia directa do M:.R:.G:.M:. Luís Salat) ou a irradiación –para algúns inxustificadas- de coñecidos irmáns. Todo isto trouxo consigo o Paso a Soños de un bo número de masóns galegos, forzando ás loxas regulares galegas a reorganizárense en torno a unha única loxa, a R:.L:.S.. Curros Enríquez nº 114.

A reorganización das loxas regulares galegas e o nacemento da R:.L:.S:. Obradoiro do Dereito Humano.

A R:.L:.S:. Curros Enríquez nº 114 será a resposta temporal á difícil situación que están vivindo as loxas regulares galegas. Consagrada no Oriente de Santiago de Compostela baixo a Obediencia da Gran Logia de España e con Patente para traballar no R:.E:.A:. e A:., a loxa Curros Enríquez foi a solución de urxencia buscada polos irmáns para non ver perecer á Masonería en Galicia.

Situada na capital de Galicia e punto case equidistante entre a cidade de Vigo e a Coruña, esta loxa permitiu que moitos irmáns puidesen seguir traballando masonicamente na nosa Comunidade, se ben é certo, non sen poucas dificultades. Malia todo, a Masonería Regular de Galicia contará con dous coñecidos irmáns no Cadro Lóxico da Gran Logia de España, o R:.Ir.. Julio Resino (Grande Primeiro Vixiante da G:.L..E:.) e o V:.Ir:. Amando Prada Castrillo (Grande Experto da G:.L:.E..), Víctor Blanco López, entre outros.

Con todo, o 6 de xuño de 1997 os irmáns coruñeses da  R:.L:.S:. Curros Enríquez nº 114 deciden abandonar definitivamente os traballos no seo deste Taller coa fin de levantar novamente as Columnas da R:.L:.S:. Renacimiento nº 54 na cidade de A Coruña a partir do ano 2000, como así farán no mes de setembro dese mesmo ano da man do V:.Ir:. José Enrique Menéndez Taboada -masón iniciado na R:.L:. irmá, Renacimiento nº 122 de Montevideo, Uruguay- e ó impulso de VV:.Iir:. como Gerardo Villares Bañobre, Gregorio Agra Martínez, Gonzalo Rosendo Peña Novás ou Antonio Carro Fernández-Valmayor.

Tamén en 1997, pero neste caso na cidade de Vigo, nace o 01 de novembro a R:.L:.S:. Obradoiro froito das inquedanzas de varios irmáns procedentes de diferentes loxas e obediencias. Aínda que inicialmente abrazaban os principios da regularidade masónica e estaba integrada unicamente por varóns, pronto foi madurando no seu seo a idea de poder dar cabida na súa loxa a aquelas mulleres interesadas en coñecer a Francmasonería, iniciando deste modo contactos coa Obediencia Masónica Mixta Internacional Dereito Humano, na que se integrarían o 03 de marzo do ano 2000 con Carta Patente nº 1732.

Esta loxa, de sólida implantación na cidade olívica, traballará ininterrompidamente ata o día de hoxe, mesmo establecendo un triángulo masónico na cidade de Santiago de Compostela entre os anos 2001 e 2005 e, constituíndo así, a segunda obediencia masónica liberal da nosa comunidade. 

O segundo espertar da Masonería Regular de Galicia.

Establecidas en Galicia as RR:.LL:.SS:. Renacimiento nº 54 en Coruña e Curros Enríquez nº 114 en Santiago de Compostela, a Masonería Regular de Galicia experimentará un importante impulso da man da loxa coruñesa, comprometidos como estaban os seus integrantes co afianzamento ou posicionamento da Masonería Regular nas terras de Breogán.

Entre os anos 2000 e xuño de 2002 a R:.L:. Renacimiento nº 54 desenvolverá con normalidade os seus traballos, véndose na obriga de suspender temporalmente a súa actividade por mor da delicada situación que se estaba a vivir na Gran Logia de España, onde o seu M:.R:.G:.M:. Tomás Sarobe é acusado de malversar os fondos da institución.

Tras a celebración de novas eleccións no seo da G:.L:.E:. é elixido novo M:.R:.G:.M:. Josep Corominas i Busqueta, quen encontrara nos irmáns de Renacimiento nº 54 un importante aliado para a súa candidatura.

O froito desa boa sintonía existente entre os integrantes de Renacimiento nº 54 e a nova Gran Mestría da Gran Logia de España verase reflectido na normalización dos traballos na loxa coruñesa e no restablecemento da súa Carta Patente, coa designación das loxas galegas como de Dependencia Directa do M:.R:.G:.M:. Josep Corominas e o nomeamento do V:.Ir:. Antonio Campos Romay como Grande Inspector de Relacións Institucionais da Gran Logia de España, así como de outros Grandes Oficiais e representantes ó Gran Cónclave.

Iníciase así un espectacular despegue da Masonería Regular Galega froito do frenético traballo de irmáns como Antonio Campos, Antonio Carro, Jorge Nogueira, José Vázquez Fouz, Carlos Pereira, Félix Bañobre, José Barón, Xusto Blanco e outros por restablecer o mapa das loxas galegas.

En 2004 créase por iniciativa da R:.L:.S:. Renacimiento nº 54 o I Premio de Investigación Histórica da Gran Logia de España –cunha segunda edición en 2006 -, con ampla presenza nos medios de comunicación escrita e internet, e que dalgún modo marca o pistoletazo de saída da recuperación da Masonería Regular Galega.

En xaneiro de 2005, reunido o Gran Cónclave da Gran Logia de España no “Hotel Peregrino” da Cidade de Santiago de Compostela e convocadas as loxas Renacimiento nº 54 e Curros Enríquez nº 114 en Asemblea Magna de Instalación, o M:.R:.G:.M:. Josep Corominas i Busqueta fai entrega da Carta Patente  da R:.L:.S:. Atlántica nº 84 a Félix Díaz, Mauro Rodríguez Mourelo e Eliseo Tormo Sanchís, quen quedan autorizados para traballar no Oriente de Vigo e en R:.E:.A:. e A:.  A estes tres irmáns, procedentes das loxas Renacimiento nº 54 e Curros Enríquez nº 114, pronto se lle sumarán irmáns residentes no entorno de Vigo, Pontevedra e Ourense afiliados a Renacimiento nº 54, entre os que encontramos ós VV:.IIr:. Xusto Blanco, José Vázquez Fouz ou Javier Quintas.

Malia todo, foi imprescindible nos primeiros anos a participación de irmáns da R:.L:. Renacimiento nº 54 nos traballos da R:.L:.Atlántica nº 84, quen cun número moi escaso de membros en non poucas ocasións estaban sen número suficientes de irmáns para abrir traballos masonicamente.

Nesa mesma cerimonia en Santiago, o M:.R:.G:.M:. da G:.L:.E:. consagra á R:.L:.S:. Saint Jacques nº 140, que coa súa nova Carta Patente queda autorizada para traballar no Or:. de Santiago de Compostela e en R:.E:.A:. e A:. como o resto de loxas de Galicia.

Esta loxa, inicialmente de carácter especial, tiña a misión de reunirse tres veces ó ano na cidade compostelá para compartir traballos con irmáns de toda a xeografía galega e española, pero especialmente con irmáns doutras obediencia estranxeiras que chegaban como peregrinos a Santiago de Compostela. Cunha clara vocación internacionalista e o poder evocador do gran simbolismo iniciático do Camiño de Santiago, moi pronto formarán parte dela irmáns de Reino Unido, Francia, Portugal ou Bélxica.

A incansable labor dos irmáns da R:.L:.S:. Renacimiento nº 54 trouxo consigo tamén a instauración da primeira Loxa Capitular de Perfección dependente do Supremo Consejo del Grado 33 para España, a loxa Caballeros de la Fraternidad Galaica nº 414, consagrada na cidade de A Coruña, segundo a súa Carta patente, o 15 de febreiro de 2005. Completábase así o mapa das loxas galegas, cuxos irmáns poderían acceder a partires de agora ós grados 4º a 14º do R:.E:.A:.e A:.

Nembargante, non pasará moito tempo ata que un novo tremor sacuda as columnas das loxas galegas facendo perigar a súa integridade.

A celebración de eleccións a M:.R:.G:.M.. da G:.L:.E:. en marzo de 2006 trouxo consigo importantes cambios no seo da Masonería Regular de Galicia e o nacemento dunha nova escisión no seu seo –a terceira - , cando a controvertida elección como M:.R:.G:.M:. de José Carretero i Domenech – mesmo con demandas xudiciais no mundo profano  -e as reformas por el impulsadas (como o paso novamente á dependencia da Gran Logia Provincial de Castilla das loxas galegas) fixo que un importante número de membros das loxas Renacimiento nº 54 e Saint Jacques nº 140 abandonasen estas formacións ,deixando ó borde do abatemento de columnas estes dous obradoiros.

Desprovistos do seu templo en Cambre, os irmáns da R:.L:.S:. Renacimiento nº 54, facendo bo uso do seu nome, renacen das súas propias cinsas como a Ave Fénix e logran, xa non só sobrevivir ó tsunami, se non erixir un novo templo na cidade de A Coruña en 2007 – o que actualmente ocupan – e apuntalar a estrutura da R:.L:.S:. Saint Jacques nº 140 grazas ás segundas afiliación de irmáns da loxa coruñesa e da Atlántica nº 84 de Vigo.

Os irmás escindidos destas dúas loxas –liderados por Antonio Campos Romay -  deciden erixir na cidade de Coruña unha nova loxa “salvaxe”, que levará por nome R:.L:.S:. Galicia nº 1, pretendida loxa fundadora da futura Gran Loxa de Galicia. Finalmente estes irmáns ingresarán no Gran Oriente Ibérico Unido, a Obediencia Masónica creada polo pasado M:.R:.G:.M:. da G:.L:.E:. Josep Corominas e os seus partidarios tras a súa derrota electoral en 2006. Segundo as nosas últimas noticias, a R:.L:.S:. Galicia nº 1 parece ter abatido Columnas no ano 2009, pasando a denominarse  R:.L:.S:. Santiago nº 13 e traballando baixo a obediencia da Gran Loja Nacional de Portugal, Obediencia liberal do país veciño. Constitúe a terceira loxa liberal en terras galegas, nacida tamén dunha escisión das loxas regulares de Galicia.

Por outra banda, entre os anos 2008 e 2012, as loxas Atlántica nº 84 e Curros Enríquez nº 114 fortalecen as súas columnas coa incorporación de novos irmáns e establecen estreitos lazos de fraternidade e colaboración, que culminarán coa apertura do segundo templo masónico das Loxas Regulares de Galicia na cidade de Santiago de Compostela en setembro de 2010, compartido por estes dous obradoiros.

Agora, iniciando o ano 2013, a R:.L:.S:. Atlántica nº 84 inaugura un novo Templo Masónico na cidade de Vigo grazas á inestimable cortesía dos irmáns da R:.L:.S:. Obradoiro nº 1732, quen desgraciadamente vense na obriga de abater as súas Columnas, aínda que esperamos o fagan de forma temporal.

Vinte e cinco anos despois da fundación da primeira loxa en Galicia, o mapa da masonería Galega constitúeno un total de 4 loxas simbólicas regulares con tres templos masónicos (Renacimiento nº 54, Atlántica nº 84, Curros Enríquez nº 114 e Saint Jacques nº 140), unha Loxa Capitular de Perfección pertencente ó regular SCG:.33 (en Coruña), e dúas loxas liberais na cidade de A Coruña (Ara Solis nº 1, do G:.O..I:.; e Santiago nº 13, da G:.L:.N:.P:. ).

Zamenhof, M:.M:.

Nota: 

A RLS:. Santiago nº 13 (GLNP:.) parece ter abandonado a súa obediencia e ingresado na Gran Logia Simbólica de España co nome de “Galicia nº 77”

 

Bibliografía:

Alberto Valín (coord.) : Masonería universa:.Una forma de sociabilidad:”Familia galega” (1814-1996), Ed. Fundación Ara Solis, A Coruña, 1996.

QH:. Jorge Nogueira, Breve historia de la Logia Renacimiento nº 54, 2012. www.logiarenacimiento.org Prancha presentada no XXV aniversario da RLS:.renacimiento nº 54 en presenza do Illsmo.Sr. Presidente do Consello da Cultura de Galicia, D. Xosé Luís Méndez Ferrín.

Arquivo da RLS:. Atlántica nº 84, Or:. De Vigo.


viernes, 6 de noviembre de 2020

O masón galego que casi que foi o primeiro lehendakari


O pontevedrés José Echeverria Novoa era gobernador de Bizkaia cando o golpe franquista. Rexeitou o cargo de lehendakari alegando que debía ser ocupado por un vasco. Foi, en 1930, un dos asinantes do Pacto de Lestrobe, polo que se creou a Federación Republicana Galega. Morreu en 1984 nos Estados Unidos, practicamente na indixencia. Na fotografía podemos ver a José Antonio Agirre xurando como Lehendakari en Gernika do día 7 outubro de 1936. O primeiro pola dereita é Echeverria Novoa.

O primeiro lehendakari estivo a piques de ser un galego. De Pontevedra, republicano, de esquerdas e masón para máis dados. O seu nome, José Echeverría Novoa, un pontevedrés de familia galega orixinaria de Iparralde que era gobernador civil de Bizkaia cando se produce o alzamento fascista. A actuación de José Echeverría Novoa foi determinante para evitar que Bilbo caese nos primeiros momentos en poder dos sublevados franquistas. Interceptou as comunicacións entre os militares, aos que puxo en vixilancia xa antes do golpe, e tomou a decisión de armar o pobo “para evitar que os militares tomasen o control”, segundo Balchada.

“Era un home moi interesante, moi culto, xa tivo multas polo seu republicanismo en Pontevedra. Era masón, pertencía á loxia Helenes nº7 de los Valles de Pontevedra”, sinala Balchada. Militante de Izquierda Republicana, foi un dos asinantes do Pacto de Lestrobe en marzo de 1930 polo que se creou a Federación Republicana Galega.

 “Puido ser o primeiro lehendakari de Euskadi, pero el rexeitouno porque dicía que tiña que ser un vasco”, lembraba o historiador. Na Enciclopedia da emigración alega recóllese que o propio Echeverría contaría anos despois que fora o propio José Antonio Agirre quen o visitara para lle propor a presidencia do goberno autónomo vasco.

Balcheda lamenta os derroteiros finais da súa vida. Exiliouse en Panamá, Cuba e Estados Unidos, onde morreu en 1984 en Miami “practicamente na indixencia”. Nunca voltou a Galiza nin ao Estado español.

Novoa non foi o único galego que combateu o fascismo en Euskadi. Na reportaxe de Rocío Castro afóndase na ampla participación galega no Exército Vasco durante a Guerra Civil, sobre todo a través organizacións anarquistas.

 Sergio Bachada ten contabilizados máis dun milleiro de galegos coa procedencia comprobada, aínda que “había moitos máis” e outros autores falan duns 5.000. “A maioría estaba na mariña auxiliar de Euskadi e en dous batallóns de corte anarquista, o Batallón nº1 Bakunin e o nº6 do Batallón Celta, aínda que tamén os había noutros de corte socialista ou comunista”, afirmaba nesa peza do semanario. “Tamén había unha compañía de galegos no Batallón Disciplinario, ao mando de Pancorbo”. 

Fonte: Nós Diario

Fotografía: Fundación Sabino Arana - Arquivo do Nacionalismo Vasco

domingo, 1 de noviembre de 2020

Escola Laica Neutral de Ourense

En torno al año 1906, un grupo de intelectuales encabezados por el Q.·.H.·. Juan Manuel Amor Pereira, miembro de la R.·.L.·.S.·. Aurea-Amor nº 10 del GOE, y con financiación de distintas agrupaciones laicas entre las que se contaba la propia Logia, deciden crear en Ourense un colegio con un enfoque educativo, no beligerante, pero si diferente al empleado por los colegios religiosos. 

Nace, de este modo en el año 1908 la ENLO (Escola Nútralos Laica de Ourense). Al frente figuran desde su creación el matrimonio catalán formado por Teresa Roqueta Dalmau y su esposo Hipólito Sinforiano Luengo (también integrante de Aurea-Amor nº 10). Durante el tiempo que estuvo en activo ocuparon un edificio de la calle Porta da Aira que compartían entre otros con el templo de la Logia Aurea-Amor. 

Como curiosidad os dejamos el enlace de una publicación en la revista Sarmiento (Benso, C. Sarimento, 2, 237-251, 1998) titulado "Expediente de apertura de la Escuela Laica Neutral de Orense (ENLO)" disponible en el Repositorio de la Universidad de A Coruña

sábado, 20 de julio de 2019

40 años de una sentencia histórica

El 3 de julio 1979 el Tribunal Supremo (TS) dictaba una sentencia mediante la cual se daba carta de naturaleza legal a una asociación masónica en España. Poco importa el nombre y la legitimidad de quienes lo solicitaban ya que lo importante de la sentencia radica en que, con la legislación vigente por aquel entonces, resultaba no ajustado a derecho que la Dirección General de Política Interior denegase la inscripción de una asociación, aunque se reclamase heredera de los principios de la francmasonería, la que había sido perseguida con saña por el Régimen franquista y que, además, el reconocimiento del derecho viniese mediante la aplicación de una Ley del propio Régimen promulgada el 24 de diciembre de 1964. ¡QUINCE AÑOS PERDIDOS! Porque un régimen dictatorial era incapaz de cumplir sus propias leyes.

Lo importante de la sentencia, de la que han pasado ya cuatro décadas, radica en que a partir de ella la masonería española comenzó su periplo de vida plenamente legal, totalmente compatible con las normas que sobre asociaciones aún pervivían de la dictadura, y que propiciaba que al año siguiente comenzase su andadura la RL Logia Alba de Levante al Oriente de Valencia, germen de la refundación de la Federación española de la Orden Masónica Mixta Internacional Le Droit Humain, que tendría lugar un año más tarde con la inscripción en el Registro de Asociaciones de la Asociación El Derecho Humano (23 de marzo de 1981), que se acerca así a sus cuatro décadas de existencia que se unían al largo periodo de vida anterior a la Guerra Civil como continuadora legal de la ya existente antes de la Guerra Civil española

Han pasado cuarenta años, los mismos que duró la dictadura que nos persiguió con una saña desconocida en toda Europa occidental, y en estos momentos la Francmasonería empieza a ser algo perfectamente normal en la vida social española con diferentes Obediencias masónicas para elegir aquella que más se adecúe a la personalidad de cada cual. La dictadura ha caído pero la Francmasonería, especialmente nuestra Orden, Le Droit Humain, sigue luchando por sus ideales de Libertad, Igualdad, Fraternidad para todos los seres humanos sin distinción de credo, ideología política, raza o género. Alegrémonos, propaguemos y defendamos nuestros valores.